Loitamos polos nosos dereitos

Forma parte do noso grupo

Ver as nosas novas

Galería de imaxes

SOMOS MULLERES ORGULLOSAS DE SER MULLERES

MULLERES é un espazo destinado ás mulleres do mundo que nos tocou coexistir neste intre, que para alcanzar o pouco que temos precisamos que outras se ergueran despois de caer unha e outra vez. Nós continuaremos a nosa viaxe tratando de escapar dos atrancos e avanzar un pouco máis rápido que as nosas devanceiras. Continuamos caendo case tódolos días, aínda que os atrancos sexan un pouco máis febles. Ás veces volven eses fantasmas do pasado que a traizón nos deixan co corazón apertado: unha morte, unha labazada, un insulto, unha cambadela, unha ofensa. Todas continuamos tendo moitos medos, pero cada vez menos.

Mulleres é un espazo para as mulleres que queiran ser felices e presumir de condición feminina. Este non é lugar para queixarse, pero si para denunciar, é un lugar para reivindicar os nosos dereitos, sen dependencias nin comparacións, é un lugar para andar cara adiante, para amosar os nosos éxitos, tamén, ás veces os nosos fracasos, pero sempre co sorriso na cara e o paso firme. Un lugar para mulleres que desfrutan de ser mulleres, que non queren ser princesas, nin cincentas, nin durmintes; que non odian ás madrastas nin queren ser salvadas por ningún príncipe, mulleres que loitan por ser gladiadoras na area, que queren conducir cuádrigas e que non queren ser escravas de ningún amor romántico. En resumidas contas, mulleres que queren ser felices e, sen probalas, están empachadas de comer perdices, andan moi incómodas nos zapatos de cristal e están fartas de facer as camas dos ananos.

Quen fai posible este espazo?

Somos unhas cantas Mulleres profesionais no ámbito social (técnicas en igualdade, educadoras socias, traballadoras sociais, mestras, ilustradoras, escritoras, e outras que se irán incorporando, cantas máis sexamos mellor se escoitará a nosa mensaxe) que traballamos cos problemas das nosas conxéneres, precisamente relacionados coa condición feminina. Mulleres que a pesar do noso traballo diario non conseguimos facer callo e continuamos escandalizándonos polos comportamentos machistas diarios, tanto a través das testemuñas directas como nas novas que os medios de comunicación nos transmiten cada día.

Trátase dun equipo aberto, que neste momento está dirixido por Mercedes Carreira, avogada matrimonialista en Vigo, mediadora familiar e asesora xurídica do Centro de Información ás mulleres do concello de Redondela.

O fundamental para achegarse a este espazo é o compromiso social e a perspectiva de xénero, aberto a todas as mulleres que queirades participar.

En Mulleres loitamos polos dereitos das mulleres de hoxe

Se queres poñerte en contacto con Mulleres só tes que enviarnos un email e formar parte do noso grupo para loitar polos nosos dereitos.

Consulta os nosas novas e actividades.

E-mail: mulleres@mulleres.es

¿ + ?